Medio Rural publica a listaxe de aspirantes que se someterán ás probas físicas e visuais para formar parte do SPIF
Os aspirantes poderán presentar alegacións no prazo de 10 días hábiles a partir de mañá, día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia
A proba física consiste en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 quilogramos ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos
Os integrantes das listas da categoría profesional de vixilante fixo/a terán que realizar as probas visuais consistentes en examinar a agudeza visual cara ao lonxe en ambos os dous ollos, así como a visión cromática
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2025
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución a través da cal se fai pública a relación de aspirantes que deberán someterse ás probas físicas e visuais para acceder ao Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF). Nesta resolución recóllese a listaxe de persoas integrantes das listas elaboradas pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, que deberán someterse a este exame.
Os aspirantes poderán presentar alegacións no prazo de 10 días hábiles a partir de mañá, día seguinte á publicación desta orde no DOG, en caso de non figurar nas listas ou aparecer de xeito erróneo. Antes de realizar as probas físicas, os aspirantes deberán presentar, antes do 11 de febreiro, un certificado medio oficial ou un informe sobre o seu estado de saúde a través da sede electrónica da Xunta. O certificado terá que remitirse á Sección de Persoal do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural que corresponda, segundo a táboa seguinte:
|
DEPARTAMENTO TERRRITORIAL |
APELIDO 1 |
APELIDO 2 |
NOME |
|
|
A Coruña |
Desde |
ABAD |
PIÑEIRO |
PABLO |
|
Ata |
DOVAL |
REY |
CONSTANTINO |
|
|
Lugo |
Desde |
DURAN |
DURAN |
PABLO |
|
Ata |
LIÑARES |
SANCHEZ |
JUAN |
|
|
Ourense |
Desde |
LIRES |
CALO |
JAVIER |
|
Ata |
PEREZ |
VIZCAYA |
OSCAR |
|
|
Pontevedra |
Desde |
PEREZ DE JUAN |
RODRIGUEZ |
JAVIER |
|
Ata |
ZAS |
RODRIGUEZ |
DIEGO |
|
Probas físicas e visuais
A proba física consiste en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 quilogramos ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos. Deberán realizala os aspirantes das listas das seguintes categorías profesionais: técnico/a superior de defensa contra incendios forestais (grupo I categorías 38); técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais, (grupo II – categoría 039); bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, (grupo III – categoría 100); bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, (grupo IV – categoría 033); bombeiro/a forestal condutor (grupo V – categoría 14A) e bombeiro/a forestal (grupo V – categoría 14).
Os integrantes das listas da categoría profesional de vixilante fixo/a (grupo V – categoría 10B) terán que realizar as probas visuais consistentes en examinar a agudeza visual cara ao lonxe en ambos os dous ollos, así como a visión cromática, realizada cun aparato para o control da visión.
Unha vez que as listas sexan definitivas o persoal será convocado para a realización das probas na última semana de febreiro mediante a publicación dunha resolución no Diario Oficial de Galicia.
Xestións das listas de contratación
A Consellería do Medio Rural ten encomendada a xestión das listas de contratación temporal de persoal laboral e o nomeamento de persoal interino para prazas reservadas a funcionarios de corpos ou escalas equivalentes, dedicados ás tarefas de prevención de incendios forestais.
Unha vez elaboradas as listas definitivas para a cobertura dos postos laborais do SPIF durante a campaña de alto risco, faise necesario levar a cabo as probas físicas e visuais correspondentes, as cales habilitan para a contratación laboral e para cubrir postos vacantes, posibles substitucións por IT ou futuras vacantes.
Ligazón á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250204/AnuncioG0426-290125-0001_gl.html
Ligazón á listaxe:
https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/prevencion-incendios