Román Rodríguez gaba os programas de intercambio no ensino como “unha oportunidade” para que Galicia sexa “exportadora de boas prácticas educativas”

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, abriu esta mañá as xornadas formativas Internacionaliza a túa escola, onde arredor de 260 docentes de Primaria e Secundaria debaten sobre os programas Erasmus+ e eTwinning  a través de charlas e talleres que abordan aspectos como a inclusión e a sostibilidade, entre outros.

O representante do Goberno galego salientou a importancia destes programas de intercambio que supoñen un “enriquecemento mutuo” para fortalecer vínculos entre os sistemas educativos. O conselleiro, ademais de agradecer a implicación e o compromiso do profesorado coa súa formación continua, emprazounos a aproveitar estes programas de internacionalización para que Galicia “se converta non soamente en receptora de coñecemento, senón tamén en exportadora activa de boas prácticas” no ensino.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/02/2025