López Campos reúnese co alcalde de Ribadeo para abordar asuntos da súa área

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse esta mañá en San Caetano co alcalde do municipio lucense de Ribadeo, Daniel Vega, para tratar asuntos relacionados coa súa área e avanzar en diferentes canles de colaboración vencelladas co seu departamento.

Así, no encontro prestouse especial atención ao que ten que ver coa dinamización cultural, a conservación do patrimonio ou mesmo ou accións enfocadas á lingua e á xuventude. Con esta xuntanza, o representante da Xunta continúa coa rolda de contactos cos responsables dos distintos concellos galegos para escoitar de primeira man as súas necesidades no marco das súas competencias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/02/2025