Arias confirma á asociación ‘Os cinco ríos’ que a Xunta apoiará unha nova edición do Mercado de oficios de O Corgo

Lugo, 4 de marzo de 2025

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, confirmou que a Xunta manterá o apoio ao Mercado de oficios que se celebra no Corgo a principios de agosto, e lembrou que o Goberno galego “apostou desde a súa orixe por este proxecto, que encara a cuarta edición consolidándose xa como un dos principais reclamos turísticos e de dinamización económica do municipio e da comarca”.

O delegado mantivo unha reunión con José Chousa, representante da entidade organizadora “Os cinco ríos”, para avaliar as posibilidades de colaboración de cara a cuarta edición. O mercado congrega numerosos postos de venda, entre os  que destacan os de artesanía ou antigüidades , e compleméntase con propostas culturais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/03/2025