A Xunta reivindica o papel do diálogo social para avanzar cara un mercado laboral equilibrado e xusto
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto coa directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participaron está mañá no II Congreso Ordinario da Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT Galicia (FeSMC)
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto coa directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, asistiu hoxe ao II Congreso Ordinario da Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT Galicia (FeSMC).
Na súa intervención, Pablo Fernández resaltou o papel crucial dos sindicatos nun contexto de cambio constante da realidade laboral, facendo fincapé no compromiso do Executivo galego co diálogo social —lembrando que xa se presentou á patronal e sindicatos o borrador de decreto a través do que a Xunta busca institucionalizar esta ferramenta— como instrumento imprescindible para avanzar cara un mercado laboral equilibrado e xusto.
O obxectivo, destacou o secretario xeral, é seguir impulsando un modelo cooperativo, garantindo que os sindicatos teñan voz e influencia na configuración das políticas públicas, subliñando que xunto as empresas e gobernos avancen na mesma dirección e no marco do consenso para seguir fortalecendo o mercado laboral galego.