Lorenzana recolle o ‘Premio Compromiso’ que Faconauto outorga á Xunta de Galicia polo programa ‘Renova o teu vehículo’

Madrid, 6 de marzo de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recolleu hoxe, en nome do Goberno galego, o ‘Premio Compromiso’ que a Federación de Asociacións de Concesionarios da Automoción (Faconauto) outorgou -na categoría Faconauto Verde- á Xunta de Galicia polo programa ‘Renova o teu vehículo’.

Estes galardóns, que se entregan no marco do XXXIV Congreso & Expo de Faconauto, que se celebra no Pazo Municipal de Congresos de Ifema, recoñecen o labor e a repercusión social daqueles programas e iniciativa orientados á renovación do parque automobilístico e á redución de emisións contaminantes.

Lorenzana puxo de manifesto a aposta da Xunta por seguir impulsando a mobilidade sustentable, a modernización do parque automobilístico e o fortalecemento de toda a cadea de valor do sector en Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/03/2025