A Xunta presenta en Asturias a ferramenta de intelixencia artificial EMI como exemplo de boas prácticas no Servizo Nacional de Emprego

Oviedo, 25 de marzo de 2025

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, presentou a ferramenta de intelixencia artificial EMi, implantada nas 54 oficinas de emprego de Galicia, no marco das xornadas de boas prácticas que organiza hoxe e mañá en Asturias o Servicio Nacional de Empleo (SNE).

Zeltia Lado expuxo as posibilidades que ofrece EMi —premiada pola Comisión Europea— e explicou que permite axustar en tempo real as demandas de man de obra do tecido produtivo aos perfís das persoas demandantes rexistradas polo servizo público, dando resposta así ao reto da cobertura de vacantes. Entre as súas vantaxes, salientou que tamén relaciona todas as características e competencias da persoa demandante con datos avanzados do mercado laboral e detecta sectores emerxentes de emprego e empresas que están contratando en cada unha das ocupacións.  A día de hoxe, destacou, a ferramenta xa permitiu realizar o perfilado competencial arredor de 48.000 persoas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/03/2025