Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 33.427 novas:

19/03/2026 | 16:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

Descende a cifra de emigrantes galegos no exterior mentres se incrementa o número de descendentes nacidos xa no seu país de destino

Segundo os datos publicados hoxe polo INE, o número de persoas que naceron en Galicia e que residen fóra volve baixar un ano máis, rexistrando 2.006 persoas menos

19/03/2026 | 14:58 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta ofrece formación para que as persoas maiores de 50 anos busquen emprego usando ferramentas dixitais

O curso desenvolverase en formato mixto: de xeito presencial na aula CeMIT da Coruña e en liña a través de plataforma de teleformación da Rede

19/03/2026 | 14:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez inaugura en Pontevedra a escultura de San Xosé realizada polo alumnado do CIFP Cantería de Galicia

A peza, elaborada en granito do país e cun peso superior aos 4.000 quilos, foi cedida á parroquia de Campolongo en Pontevedra

19/03/2026 | 13:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal

A directora da Axencia Galega de Innovación participa en Braga nun foro no que varios países europeos analizan o uso desta ferramenta

19/03/2026 | 13:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a Plataforma Transfronteiriza Iqual Campus como recurso clave para avanzar na igualdade laboral en Galicia e o Norte de Portugal

A iniciativa enmárcase nun proxecto homónimo Interreg POCTEP (España–Portugal), liderado polo Goberno galego e no que tamén participan a Universidade de Santiago de Compostela, CIM Alto Minho, CIM do Cávado e a Universidade do Porto

19/03/2026 | 11:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Ponteceso avalían vías de colaboración para facer traballos de conservación nun tramo da senda do río Anllóns

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático xa apoiou ao municipio o ano pasado na realización de actuacións semellantes de acondicionamento de parte dun camiño peonil paralelo á canle fluvial cun investimento de máis de 50.000 euros