Ángeles Vázquez asiste á Supercopa Galicia Terra de Melide de rastro de xabaril con cans a corda
2025-04-05
/documents/35297/1659069/20250405+AVMMelide+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Melide (A Coruña), 5 de abril de 2025
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, asistiu hoxe á primeira xornada da Supercopa Galicia Terra de Melide de rastro de xabaril con cans a corda, na que participarán arredor dun cento de monteiros procedentes de Galicia e doutras comunidades autónomas como Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Castela e León ou Estremadura.
Esta 12ª edición dunha proba que está considerada como unha das mellores de España para cans rastrexadores terá continuidade a vindeira fin de semana e estímase que, en total, participarán preto de 100 cans.
Departamento:
C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
Data de actualización: 05/04/2025