María José Gómez recibe a unha delegación de empresarios de Indonesia
2025-04-08
/documents/35297/1665309/20250408ConseDelegacionIndonesia.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 8 de abril de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu esta mañá a visita dunha delegación de empresarios de Indonesia. Na súa xuntanza, a titular do departamento puido coñecer os diferentes proxectos empresariais que se están a impulsar neste país asiático a prol do seu sector primario.
Posteriormente, a delegación indonesia visitou o Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, no concello de Boqueixón, onde puido coñecer a oferta formativa da Consellería vencellada coa agricultura e a gandaría, conformada por unha ampla variedade de ciclos medios e superiores.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 08/04/2025