A Xunta publica a relación definitiva de seleccionados no concurso de méritos e concurso-oposición de diversas categorías de persoal diplomado sanitario
Tras esta publicación ábrese un prazo de 10 días hábiles para a elección de destino
Ofértanse un total 240 prazas en diversas categorías de persoal estatutario diplomado sanitario
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2025
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica no día de hoxe as resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde polas que se publican a listas de aspirantes definitivamente seleccionados no concurso-oposición e no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario diplomado sanitario e se abre o prazo para a elección de destino.
Nos procesos selectivos de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, convocado polas resolucións do 26 de decembro de 2022, resultaron definitivamente seleccionados 25 aspirantes, que se corresponden coa seguinte distribución:
|
Categoría Profesional |
N.º de prazas |
|
Enfermeiro/a especialista en enfermería do Traballo |
1 |
|
Enfermeiro/a especialista en enfermería Obstetricia-Xinecoloxía |
6 |
|
Fisioterapeuta |
14 |
|
Logopeda |
1 |
|
Terapeuta Ocupacional |
3 |
Nos procesos selectivos polo sistema concurso-oposición convocados polas resolucións do 15 de decembro de 2022 resultaron seleccionados un total de 215 aspirantes, que se corresponden coa seguinte distribución por categoría profesional:
|
Categoría Profesional |
N.º de prazas |
|
Enfermeiro/a especialista en enfermería Pediátrica |
32 |
|
Enfermeiro/a especialista en enfermería de Obstetricia-Xinecoloxía |
46 |
|
Enfermeiro/a especialista en enfermería familiar e comunitaria |
61 |
|
Fisioterapeuta |
70 |
|
Terapeuta ocupacional |
6 |
Coa publicación destas resolucións ábrese un prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución (do 24 ao 8 de maio de 2025) para que todos os aspirantes que participan no proceso seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.
Procedemento de elección de destino
A elección de destino realizarase a través do sistema de información Fides/expedient-e, conforme ás bases de procedemento publicadas no Diario Oficial de Galicia do 5 de xuño de 2020.
A aplicación informática fará visibles todas e cada unha das prazas que se ofertan na respectiva categoría e facilitará información ao aspirante da posición e orde de prelación que ocupa no proceso, a efectos de elección de destino, segundo a quenda de participación e puntuación acadada nel. A selección de destinos efectuarase por orde de preferencia e requirirá a sinatura electrónica e presentación por rexistro electrónico.
O aspirante disporá das mesmas opcións que no acto presencial. Así, a aplicación permitirá a renuncia á participación na elección de destino e mesmo a elección dun número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso.
Finalizado o prazo para a selección de destinos, o sistema de información efectuará a adxudicación automática, en función da quenda e orde de prelación acadada por cada aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por este.
Este procedemento telemático redunda nunha maior axilidade e simplificación dos procesos selectivos e supón un avance no dereito dos cidadáns de relacionarse electronicamente coas administracións públicas. Asegúrase a continuidade asistencial e o normal funcionamento dos centros sanitarios e evita o desprazamento dos aspirantes á sede do órgano convocante como acontecía coa modalidade presencial.
Opción de praza para o persoal seleccionado en ambos os dous procesos
As persoas pertencentes ás categorías de enfermeiro especialista en enfermaría de obstetricia-xinecoloxía, de fisioterapeuta e de terapeuta ocupacional que estean seleccionadas en ambos os dous procesos selectivos e resulten adxudicatarias de dúas prazas na mesma categoría (unha praza obtida polo sistema de concurso de méritos e outra polo de concurso-oposición) deberán optar por unhas delas.
Os adxudicatarios que se encontren nesta situación dispoñen de 5 días hábiles a contar desde a publicación do listado informativo de adxudicación de destinos na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) para manifestar a súa opción por unha delas. A elección deberán formalizala por escrito nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixida á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela. No caso de non manifestar nada ao respecto no prazo indicado, entenderase que optan pola praza que deriva do proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos.
Os aspirantes seleccionados poden dirixir todas as dúbidas e consultas relacionadas con estes dous procesos selectivos ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es.