Belén do Campo e o alcalde do Pino para seguir avanzando nas vías de colaboración entre ambas administracións

O Pino (A Coruña), 30 de abril de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde do Pino, Manuel Taboada.

A delegada e o rexedor abordaron actuacións en materia de transporte de interese para este municipio. Concretamente, o alcalde informoulle da creación dunha nova parada de autobús para dar servizo aos veciños de Santiso e Castrofeito na zona das N-634 e N-547, en ambas direccións, para substituír ás paradas anteriores eliminadas pola construción da nova autovía.

A delegada trasladoulle o compromiso de acelerar todos os trámites para a creación desta parada, xa que xa contan coa autorización do titular das dúas estradas mencionadas anteriormente. Neste senso, recalcou que a Xunta asumirá o custe da instalación desta nova parada do transporte metropolitano.

No encontro tamén  tiveron ocasión de analizar outras necesidades deste concello e estudiaron posibles vías de cooperación conxunta de cara ao futuro. Belén do Campo destacou a importancia de manter un diálogo continuo cos representantes das administracións locais e de coñecer de primeira man as súas necesidades para, desta forma, acertar cos proxectos que vaian en beneficio dos cidadáns.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/04/2025