A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, entregou hoxe o premio José Luís Alvite 2025 ao xornalista Luís Ventoso

Lorenzana subliña que xornalismo e política están estreitamente vinculados ás sociedades democráticas

Destaca o labor de Luís Ventoso como “historiador do cotiá” que fai do día a día unha novela fascinante

A Coruña, 2 de maio de 2025

A Conselleira de Economía e Industria, María jesús Lorenzana, subliñou hoxe que o xornalismo e a política están estreitamente vinculados ás sociedades democráticas, á liberdade das persoas e sometido ao capricho dos acontecementos. Lorenzana, fixo entrega na Coruña do Premio José Luís Alvite 2025 ao xornalista Luís Ventoso, onde sinalou que unha proba disto é que ningunha ferramenta artificial foi capaz de prever crises como as actuais nin tampouco, de aportar solucións. “Non é unha resistencia ao cambio tecnolóxico senón unha convicción”, dixo.

Neste marco, a conselleira subliñou que Luís Ventoso “é pura intelixencia natural” e cualificouno de “historiador do cotiá”, un escritor que fai do día a día unha novela fascinante. “É un mestre da ironía, ingrediente que non abonda fóra de Galicia”, destacou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/05/2025