A Xunta e o Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia afondan na promoción destes produtos

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo con representantes do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Este encontro serviu para afondar nas vías de colaboración a prol da promoción destes produtos. En concreto, a axencia levará a cabo accións promocionais coa implicación dos finalistas do XXII Campionato Galego de Coctelería, celebrado recentemente e no que tiveron un papel protagonista as preparacións a base de augardentes e licores tradicionais da nosa Comunidade. Estes concursantes representarán a Galicia no vindeiro campionato nacional, que terá lugar a finais de ano en Palma de Mallorca.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/05/2025