As obras de mantemento do paso superior da OU-525 no enlace que dá acceso ao polígono de San Cibrao das Viñas fai necesario mañá o corte no xiro de entrada desde Ourense
Os outros tres movementos permanecerán abertos ao tráfico durante todo o día de mañá
Trátase de reparar as xuntas de dilatación do paso superior da vía autonómica, á altura de quilómetro 229, no enlace que da acceso ao parque empresarial ourensá
Para avanzar nesta actuación e garantir a seguridade dos traballadores e dos usuarios da estrada habilitarase o correspondente desvío de trafico
Esta actuación puntual que se realiza mañá no paso superior da OU-525 forma parte da campaña estival deste 2025 de mantemento e conservación das xuntas de dilatación de estruturas que se realiza nas estradas autonómicas
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2025
Os traballos de mantemento do paso superior da estrada autonómica OU-525, no enlace que dá acceso ao polígono de San Cibrao das Viñas, fan necesario durante todo o día de mañá o corte de tráfico da circulación nun dos sentidos de xiro do enlace, o que da entrada desde Ourense cara o polígono, quedando os outros tres movementos operativos.
En concreto, trátase de executar as obras de reparación das xuntas de dilatación do paso superior da OU-525, á altura de Km 229, no enlace que dá acceso ao parque empresarial ourensá.
Para avanzar nesta actuación e garantir a seguridade dos traballadores e dos usuarios da estrada habilitarase o correspondente desvío de trafico.
Así, o desvío de trafico que se instalará implica que os vehículos teñan que achegarse á glorieta da OU-525 no quilómetro 227+750 de intersección coa VG-3.1 situada a 1,3 quilómetros para facer o cambio de sentido.
Estes traballos se realizan con medios de conservación de estradas da Axencia Galega de Infraestruturas, no marco dos seus traballos de mantemento das estradas durante todo o ano sobre os elementos funcionais das estradas, como é a revisión e mantemento de xuntas de dilatación das estruturas da rede viaria autonómica.
Neste caso, a actuación puntual que se realiza mañá no paso superior da OU-525, forman parte da campaña estival deste 2025 de mantemento e conservación das xuntas de dilatación de estruturas que se realiza nas estradas autonómicas.