Un total de 45 centros educativos implican o seu alumnado na prevención do consumo de alcohol a través do programa ‘Menores nin unha pinga’
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participa nunha charla informativa sobre esta iniciativa no Colexio Público Integrado CPI de Vedra
Vedra (A Coruña), 17 de xuño de 2025
Un total de 45 centros educativos participaron ao longo deste curso no programa Menores nin unha pinga, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Alcohol y Sociedad, co fin de levar ás aulas iniciativas orientadas á prevención do consumo de alcohol en menores.
No marco deste programa, aliñado cos obxectivos da Estratexia galega de convivencia escolar 2025, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, asistiu hoxe a unha das sesións de sensibilización organizadas no Colexio Público Integrado CPI de Vedra para abordar o consumo de bebidas alcohólicas entre estudantes de Educación Secundaria.
A sesión tivo como finalidade proporcionar información contrastada, promover a reflexión e contribuír á prevención de condutas de risco. A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP subliñou a importancia de conferencias como esta e “a necesidade de educar desde as aulas sobre bos hábitos, saúde e responsabilidade individual”.
O programa Menores nin unha pinga pon a disposición dos centros educativos ferramentas pedagóxicas, materiais informativos e formación específica para o profesorado e o alumnado. A súa finalidade é reducir a normalización social do consumo de alcohol entre as novas xeracións, fomentar a análise crítica e reforzar a capacidade de decisión da mocidade fronte a este tipo de comportamentos.
Centros participantes
|
A CORUÑA |
|
|
CPR Plurilingüe Liceo La Paz |
A Coruña |
|
IES Ramón Otero Pedrayo |
A Coruña |
|
IES de Viós |
Abegondo |
|
CPR Plurilingüe Alca |
Ames |
|
IES Praia Barraña |
Boiro |
|
CPI As Revoltas |
Cabana de Bergantiños |
|
IES Pedra da Aguia |
Camariñas |
|
IES Lamas de Castelo |
Carnota |
|
IES Fernando Blanco |
Cee |
|
IES de Fene |
Fene |
|
IES Canido |
Ferrol |
|
IES Fin do Camiño |
Fisterra |
|
CPI Plurilingüe da Picota |
Mazaricos |
|
IES As Telleiras |
Narón |
|
IES de Ortigueira |
Ortigueira |
|
IES Leliadoura |
Ribeira |
|
CPI Plurilingüe dos Dices |
Rois |
|
IES O Mosteirón |
Sada |
|
IES A Pontepedriña |
Santiago de Compostela |
|
CPR Plurilingüe Emma |
Santiago de Compostela |
|
CPI Plurilingüe de Vedra |
Vedra |
|
LUGO |
|
|
IES Plurilingüe Fontem Albei |
A Fonsagrada |
|
IES Marqués de Sargadelos |
Cervo |
|
CPI Plurilingüe Dr. López Suárez |
Friol |
|
IES Gregorio Fernández |
Sarria |
|
OURENSE |
|
|
IES Nº 1 |
O Carballiño |
|
CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro |
O Carballiño |
|
IES As Lagoas |
Ourense |
|
CPR Plurilingüe Concepción Arenal |
Ourense |
|
IES Xesús Taboada Chivite |
Verín |
|
PONTEVEDRA |
|
|
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez |
A Estrada |
|
IES A Sangriña |
A Guarda |
|
IES Auga da Laxe |
Gondomar |
|
IES de Mos |
Mos |
|
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios |
Nigrán |
|
IES Escolas Proval |
Nigrán |
|
IES Pino Manso |
O Porriño |
|
CPI Curros Enríquez |
Pazos de Borbén |
|
IES Santa Irene |
Vigo |
|
CPR Plurilingüe Bouza Brey |
Vigo |
|
IES A Guía |
Vigo |
|
CPR Quiñones de León |
Vigo |
|
IES Marco do Camballón |
Vila de Cruces |