Controlado o incendio do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara
Segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 30 hectáreas
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2025
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedou controlado ás 18.26 horas de hoxe.
O lume iniciábase ás 5.34 horas da madrugada de hoxe e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 15 axentes, 18 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 1 avión.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.