A Xunta destaca en Jaén a ferramenta EMi como exemplo do éxito da intelixencia artificial na intermediación laboral

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou esta mañá na mesa redonda La IA aplicada a los procesos de intermediación, no marco das vixésimo terceiras xornadas dos Servizos Universitarios de Emprego

Jaén, 3 de xullo de 2025

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou esta mañá na mesa redonda La IA aplicada a los procesos de intermediación, dentro das vixésimo terceiras xornadas dos Servizos Universitarios de Emprego, organizadas pola Universidade de Jaén. Durante a súa intervención, Lado destacou a ferramenta de intelixencia artificial EMi -Implantada nas oficinas de emprego de Galicia- como exemplo do bo uso da IA na mellora da intermediación laboral.

A ferramenta EMi axuda a conectar en tempo real a oferta e demanda de emprego, permitindo mellorar a cobertura de vacantes ao adaptar as necesidades do mercado ás competencias das persoas demandantes. Lado tamén subliñou que EMi permite identificar sectores emerxentes e as empresas que están a contratar, optimizando así os procesos de selección e mellorando a empregabiliade.

A directora xeral destacou que a ferramenta xa perfilou as competencias de preto de 63.000 persoas e segue mellorando para ampliar os seus servizos, tanto ás empresas como ás persoas demandantes, co fin de identificar as formacións prioritarias en función das necesidades de cada territorio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/07/2025