A Xunta apoia a 17 edición da ‘Festa da Xuventude no Camiño’ de Palas de Rei, que se celebrará este venres
2025-07-03
/documents/35297/1761729/Xuventude+Palas+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Palas de Rei (Lugo), 3 de xullo de 2025
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da 17 edición da Festa da Xuventude no Camiño, que organiza a Asociación Xuvenil de Palas de Rei nesta localidade e conta co apoio da Xunta de Galicia.
Celebrarase este venres, día 4, a partir das 16,00 horas. Comezará cun obradoiro infantil na Praza do Concello a cargo do centro pedagóxico Aloumiño e haberá animación musical polas rúas a cargo da charanga “Era visto”. Xa pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Panorama e DJ Casanova.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 03/07/2025