Asturias interésase polas ferramentas informáticas de xestión forestal de Galicia

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2025

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, mantivo hoxe un encontro co director xeral de Xestión Forestal do Principado de Asturias, Javier Vigil, e co seu equipo, co obxectivo de dar a coñecer as ferramentas informáticas de xestión forestal implantadas na nosa comunidade en materia de tramitación telemática das cortas de madeira, a xestión de contratos menores e concursos. Os responsables asturianos mostraron así o seu interese por estes recursos, que valoraron moi positivamente e que son adaptables á súa realidade forestal.

Na reunión tamén se avaliou o desenvolvemento informático vinculado á xestión forestal no marco do Plan de simplificación e dixitalización administrativa impulsada pola Consellería do Medio Rural, que se atopa incluído dentro do Plan Forestal de Galicia 2021-2040.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/07/2025