Extinguido o incendio do concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Maceira

O lume iniciouse ás 13.07 horas do pasado mércores e finalmente afectou unha superficie de 83 hectáreas, das cales 50 se corresponden con monte arborado e 33 de raso

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Maceira, quedou extinguido ás 11.56 horas de hoxe.

O lume iniciouse ás 13.07 horas do pasado mércores e finalmente afectou unha superficie de 83 hectáreas, das cales 50 se corresponden con monte arborado e 33 de raso. Para a súa extinción mobilizáronse 3 técnicos, 12 axentes, 22 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 18/07/2025