A Xunta apoia a XXI Feira de Oportunidades de Vilanova de Arousa como exemplo de dinamización do comercio local e impulso á economía de proximidade

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 23 de xullo de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da XXI Feira de Oportunidades de Vilanova de Arousa. O evento, organizado pola Asociación de Comercios Vilanova Centro e o Concello de Vilanova de Arousa, contará co apoio do Executivo galego, reafirmando de novo o seu compromiso co comercio local.

A feira terá lugar os días 8, 9 e 10 de agosto na Praza do Concello de Vilanova de Arousa, coincidindo coa XXXI edición da Festa do Berberecho e do Mexillón, o que contribuirá a incrementar a afluencia de visitantes. Participarán máis de 20 comercios locais, cunha oferta variada e especializada en moda, complementos, decoración, xoguetería e artigos de agasallo. Como novidade, nesta edición establécese un horario ampliado ata as 23,00 horas, co obxectivo de facilitar a conciliación coa actividade turística e de lecer. A iniciativa busca promover un consumo responsable e achegará produtos de calidade a prezos accesibles, nun espazo de referencia para o comercio de proximidade durante a tempada estival.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/07/2025