Medio Rural salienta a calidade dos viños do Ribeiro nun acto celebrado en Beade
2025-07-26
/documents/35297/1791406/20250726Alempartevi%C3%B1oBeade.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Beade (Ourense), 26 de xullo de 2025
O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, asistiu hoxe á celebración da II edición do evento o Viño, un compañeiro de vida, que tivo lugar na contorna da igrexa de San Roque de Beade. Alí salientou a calidade dos viños da Denominación de Orixe Ribeiro, especialmente os producidos por adegas desta localidade ourensá e os cales se puideron degustar nesta xornada.
Esta festividade, ademais de contar cos viños do Ribeiro, tamén serviu para poñer en valor outros produtos agroalimentarios e tamén vinagres que se producen nesta zona. A maiores, o evento contou con outras actividades musicais e de humor para amenizar a xornada.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 26/07/2025