Activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Abro, parroquia homónima
Decretouse a Situación 2 como medida preventiva pola proximidade aos núcleos de poboación de O Pedreiro e O Urzal
Segundo as primeiras estimacións, o incendio afecta unha superficie de 8 hectáreas
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2025
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello pontevedrés de Arbo, parroquia homónima. Vén de decretarse a Situación 2 como medida preventiva. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume aos núcleos de poboación de O Pedreiro e O Urzal.
O incendio iniciouse ás 18.23 horas de hoxe e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de 8 hectáreas. Polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 4 axentes, 10 brigadas, 5 motobombas e 2 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.