María José Gómez destaca a LXXIII Festa do Albariño como un “referente” da Galicia Calidade que defende a Xunta
Cambados (Pontevedra), 30 de xullo de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou este mediodía na inauguración da LXXIII edición da Festa do Albariño de Cambados, á que definiu como “un referente” para a comunidade e unha mostra “desa Galicia Calidade pola que apostamos desde a Xunta de Galicia”.
A titular de Medio Rural destacou o papel que desenvolven este tipo de celebracións ao favorecer o impulso dun eido que se configura como un dos piares da economía galega. A edición que da comezo hoxe, e que rematará o vindeiro domingo 3 de agosto, conta coa participación de 44 adegas nas que se poderán degustar todas as variedades de viño elaboradas pola Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas.