O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigación asiste ao xantar da Festa gastronómica das Sopas do Burro Canso, Galo Pica no chan e Becerro do Xurés

Muíños (Ourense), 2 de agosto de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu hoxe en Muíños ao xantar da XXXV edición da Festa Gastronómica das Sopas do Burro Canso, da XIX edición do Galo Pica no Chan e da VII edición do Becerro do Xurés ao Espeto, festividade que se celebra ao longo desta fin de semana. 

Trátase dunha celebración recuperada e promovida pola Asociación Fonte Fría, que conta co recoñecemento como Festa de Interese Turístico de Galicia e que inclúe distintas actuacións musicais e actividades. Entre elas, o xantar do Galo Pica No Chan e do Becerro do Xurés ao Espeto, a degustación das sopas do Burro Canso, que ten lugar esta tarde, e a exposición Expo-Raia de Artesanía.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/08/2025