O Servizo Galego de Saúde publica a relación definitiva das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario
Resultaron admitidos un total de 23.739 aspirantes
Corresponden ás categorías de grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais, cociñeiro e pinche
Entrarán en vigor a efectos do chamamento o día 6 de agosto de 2025
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2025
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a relación definitiva coa orde de prelación e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal nas categorías: grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais, cociñeiro e pinche.
O total de aspirantes admitidos por categorías foi de 11.906 en grupo auxiliar da función administrativa, 7.351 en persoal de servizos xerais, 3.908 en pinche e 574 en cociñeiro.
As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Entrarán en vigor a efectos de chamamentos o día 6 de agosto de 2025.
Próximas publicacións
Proximamente, publicaranse as listas provisionais das seguintes categorías: albanel, bibliotecario, calefactor, carpinteiro, condutor, costureiro, electricista, enxeñeiro superior biomédico, enxeñeiro técnico, fontaneiro, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, lavandeiro, mecánico, pasador de ferro, perruqueiro, técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación, técnico de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico superior en ciencias da información, técnico superior en prevención de riscos laborais, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información e telefonista.