A Xunta colabora coa I Concentración moteira Rábade Biker´s, que se celebrará o 23 de agosto

Rábade (Lugo), 8 de agosto de 2025

A Xunta de Galicia colabora coa primeira concentración moteira Rábade Biker´s, organizada polo club do mesmo nome e que se celebrará o día 23 de agosto. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou hoxe durante a presentación “o poder de convocatoria que teñen este tipo de eventos, que contribúen á dinamización social e económica da localidade”.

O encontro inclúe unha ruta turística libre polo municipio, pinchos gratuítos, sesión vermú, xogos populares, cea, sorteo de agasallos e verbena, que estará amenizada polo DJ Min. A actuación principal será o espectáculo de acrobacias que ofrecerán Balles & Pichu  Stunt a partir das sete da tarde. Haberá zona de acampada.

As inscricións anticipadas poden realizarse ata o 16 de agosto, aínda que será posible anotarse o propio día do evento na praza de España ás 10,00 horas, unha hora antes de que comece. O xustificante da inscrición ou as solicitudes para ampliar información poden remitirse a través do número de teléfono 635 540 350.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/08/2025