Medio Rural pon en valor as iniciativas da Cátedra de Despoboamento e Reto Demográfico para dinamizar o rural galego
2025-08-26
/documents/35297/1838676/250826_NextEducacion_x-3.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2025
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe un encontro con Manuel Campo Vidal, presidente da escola Next Educación e director da Cátedra de Despoboamento e Reto Demográfico.
No transcurso do encontro, Rodríguez puxo en valor o labor que se está a desenvolver desde a cátedra, sinalando a importancia destas iniciativas como motor para a dinamización do medio rural galego. Estas actuacións teñen como obxectivo darlle visibilidade, recoñecemento e apoio ao rural dentro do conxunto do Estado. Ademais, fíxose fincapé na súa contribución para facer fronte ao desafío demográfico que afronta a sociedade actual.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 26/08/2025