A Xunta avanza na coordinación co Estado e co resto de comunidades no eido da economía social

Murcia, 17 de setembro de 2025

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe en Murcia nun encontro dos directores xerais de España con competencias en Economía Social e Responsabilidade Social das Empresas. 

Convocada polo Ministerio de Traballo e Economía Social no marco dos actos da Semana Europea da Economía Social, a xuntanza serviu para avanzar na coordinación entre territorios e na unificación de criterios de cara a darlle un pulo a unha parte fundamental do tecido produtivo que combina a rendibilidade con valores como a solidariedade ou a sustentabilidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/09/2025