Medio Rural destina 700.000 € para que as organizacións e asociacións agrarias poidan levar a cabo as súas actividades

Estas axudas teñen como obxectivo financiar os gastos de realización de actividades de representación e de formación das organizacións profesionais agrarias, legalmente constituídas e con implantación en Galicia, e dos agricultores en xerais

A través desta partida poderanse financiar a formación dos asociados e dos seus familiares en actividades agrarias ou no sector agroalimentario, así como actividades de fomento do asociacionismo agrario

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se establecen as bases reguladoras das achegas ás organizacións profesionais e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, que neste 2025 contan cun orzamento de 700.000 euros, un 16 % máis con respecto á convocatoria anterior.

Estas axudas teñen como obxectivo financiar os gastos de realización de actividades de representación e de formación das organizacións profesionais agrarias, legalmente constituídas e con implantación en Galicia, e dos agricultores en xeral.

As axudas cubrirán os gastos de funcións ordinarias de xestión interna; de fomento do asociacionismo agrario; de representación perante as institucións ou de participación nos órganos colexiados constituídos pola Administración galega para a defensa dos intereses dos seus representados, como poden ser mesas ou comisións. Ademais, a través desta partida poderanse financiar a formación dos asociados e dos seus familiares en actividades agrarias ou no sector agroalimentario, así como actividades de fomento do asociacionismo agrario.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir de mañá, día seguinte á publicación desta orde no DOG.

Data de actualización: 29/09/2025