A delegada da Xunta en Ferrol reúnese co presidente da AVV San Julián de Barbos e Mosteiro, de Ortigueira

Ferrol, 1 de outubro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión co presidente da AVV San Julián de Barbos e Mosteiro de Ortigueira, Javier Otero, para coñecer os proxectos e a actividade que leva a cabo a entidade veciñal, así como as súas demandas vinculadas á Administración autonómica.

O encontro encádrase dentro da rolda de contactos cos Concellos e entidades de carácter social e económico da área da Delegación Territorial que a representante da Xunta vén mantendo de forma regular co fin de tomar o pulso ás necesidades da zona e establecer prioridades na actuación do Goberno galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/10/2025