A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Castro de Rei
2026-07-29
/documents/35297/2219848/20260729_Conselleira_Vivenda_CastrodeRei-2.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde en San Caetano unha reunión de traballo co alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado.
Na reunión, á que tamén asistiu o director territorial da Consellería en Lugo, Marco Antonio Fernández Piñeiro, abordaron proxectos de interese para o municipio, especialmente no ámbito do urbanismo e as infraestruturas.
Allegue salientou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
Data de actualización: 29/07/2026