Medio Rural destaca a Festa da Pataca de Vilar de Barrio como un evento de referencia para o sector agrario galego

Vilar de Barrio (Ourense), 5 de outubro de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, estivo hoxe presente na celebración da 46ª edición da Festa da Pataca de Vilar de Barrio, que se está a celebrar ao longo desta fin de semana no concello ourensán, e á que destacou como un evento de referencia para o sector agrario galego e, en especial, da comarca da Limia.

A celebración conta con diversas degustacións gastronómicas nas que a Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia é a protagonista, xunto con outros produtos amparados pola IXP Ternera Gallega ou Mel de Galicia. Cómpre salientar que a IXP Pataca de Galicia, cunha importante presenza na comarca da Limia, acadou o pasado ano unha produción comercializada de máis de 5,2 millóns de quilos de pataca.

Data de actualización: 05/10/2025