Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09.00 h. de hoxe

Esta mañá quedou controlado o incendio do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Carboentes, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor 29 hectáreas

Está activo un lume no municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Parada da Serra, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta máis de 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2025

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 09.00 horas de hoxe luns.

Controlado Rodeiro-Carboentes

O lume do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Carboentes, está controlado desde as 08.20 horas de hoxe luns. Iniciouse ás 14.26 horas de onte domingo e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 29 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 2 técnicos, 7 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 6 avións.

Activo A Gudiña-Parada da Serra

Desde as 19.45 horas de onte domingo está activo un incendio forestal no municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Parada da Serra. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para a súa extinción, mobilizáronse 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 13/10/2025