A Xunta licita por máis de 2,3 M€ a compra sucesiva de reactivos para o laboratorio de anatomía patolóxica da área sanitaria de Vigo
Adquirirase o material necesario para realizar tincións que permiten coñecer se o cancro dun paciente concreto responderá a un fármaco determinado
Inclúese tamén a posta á disposición dos equipamentos necesarios para realizar cada técnica
O contrato ten unha duración prevista de dous anos e agárdanse realizar 4.000 tincións anualmente
O prazo de presentación de ofertas para as empresas interesadas nesta contratación remata o 13 de novembro
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2025
A Xunta publica, no Portal de Contratos Públicos de Galicia, a licitación, por un importe de 2.307.155,41 euros, da subministración sucesiva de reactivos e materiais necesarios para a realización de técnicas propias do laboratorio de anatomía patolóxica da Área Sanitaria de Vigo.
O contrato inclúe a adquisición do material necesario para realizar tincións que permiten, entre outras utilidades, coñecer se o cancro dun paciente concreto responderá a un fármaco determinado.
Polo tanto, estas técnicas de farmacodiagnóstico teñen un gran valor na medicina de precisión.
Ademais, a compra tamén prevé a posta á disposición dos equipamentos necesarios para realizar cada técnica.
O contrato ten unha duración de dous ano e estímase que permitirá a realización de 4.000 tincións anualmente.
As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 13 de novembro para presentar as súas ofertas.