A Xunta avalía a colaboración coa Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo para mellorar a cabana gandeira
2025-10-22
/documents/35297/1887470/20251022_Balseiros_Rapa_Bestas_Sabucedo.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse hoxe con directivos da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, xuntanza na que estudaron posibles vías de colaboración para desenvolver medidas de mantemento da cabana gandeira que sustenta esta rapa, unha festa declarada de Interese Turístico Internacional e, máis recentemente, recoñecida como Ben de Interese Cultural (BIC).
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 22/10/2025