A Xunta adxudica por preto de medio millón de euros dúas salas dixitais e robotizadas de radiodiagnóstico do Hospital Novo Montecelo de Pontevedra

Están destinadas ao novo servizo de urxencias

O Servizo Galego de Saúde planificou a dotación de equipamento do novo hospital en dúas fases por preto de 55 M€

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2025

A Xunta adxudicou o lote 1 do contrato de subministración de equipamento de alta tecnoloxía con destino a diversos hospitais do Servizo Galego de Saúde e que se corresponde con dúas salas de radiodiagnóstico dixitais e robotizadas con suspensión de teito para o Hospital Público Novo Montecelo de Pontevedra. 

Resultou adxudicataria a empresa General Electric Healthcare España S.A.U. por importe de 496.100 euros. 

Este equipamento ten como destino o novo servizo de urxencias do hospital pontevedrés.

O investimento forma parte da primeira fase de equipamento do Hospital Novo Montecelo planificada polo Servizo Galego de Saúde dotada con 30 millóns de euros.

Data de actualización: 27/10/2025