Arias felicita ao palista Nicolás Martínez por gañar un título mundial e ser “un exemplo inspirador para a mocidade”
2025-10-27
/documents/35297/1895932/271025+Recepcion+piraguista+Nicolas+Martinez+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 27 de outubro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu hoxe ao palista do Club Fluvial Nicolás Martínez Adega, proclamado recentemente en Hungría campión do mundo de paracanoe. O piragüista lucense, que con 19 anos foi un dos máis novos da competición, gañou na categoría KL3 10.000 metros sénior do Mundial de maratón.
Arias felicitouno pola súa traxectoria “de esforzo e perseveranza, un auténtico caso de resiliencia e superación”. Ao respecto, apuntou que “a satisfacción polo triunfo é dobre: dun lado porque levou o nome de Lugo ao máis alto do piragüismo, e doutro, porque representa un exemplo inspirador para a mocidade”.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 27/10/2025