Arias felicita aos gañadores do concurso de hamburguesas da feira L de Lugo, que conta co apoio da Xunta
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, felicitou hoxe ao restaurante Glam Taoo, gañador do concurso á mellor hamburguesa da feira L de Lugo, coa súa proposta elaborada con carne e queixo de búfala, touciño de porco celta, mermelada de tomate, xamón ibérico e crema de setas.
Arias tamén quixo recoñecer o traballo dos segundo e terceiro clasificados, Los Tres Monos e Malicia, que destacaron pola súa elaboración e creatividade. “É unha honra apoiar eventos que poñen en valor o territorio e aos seus profesionais, exemplo de talento e compromiso coa nosa gastronomía”, destacou o delegado.
Con este concurso culmina a quinta edición da feira L de Lugo, unha cita xa consolidada que contou desde o seu inicio co apoio da Xunta de Galicia, principal patrocinadora dun evento que promove a calidade dos produtos galegos e o dinamismo do sector hostaleiro.