O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na inauguración do congreso ‘Acuerdo rural. Liderando la transición desde los municipios rurales’

Ourense, 08 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na inauguración do congreso ‘Acuerdo rural. Liderando la transición desde los municipios rurales’, onde reivindicou as políticas do Goberno galego para o desenvolvemento dun rural produtivo, ben sexa desde o punto de vista gandeiro, agrícola ou forestal. Un rural no que se cree emprego, riqueza, e que por tanto favoreza a fixación de poboación, especialmente de xente moza.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/10/2025