A Xunta recoñece o traballo do Club Raza Can de Palleiro na posta en valor das razas autóctonas

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, acompañado pola directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, participou hoxe na entrega da certificación ISO (International Organization for Standardization) 9001 de Applus+ Certification en materia de calidade e xestión ao Club Raza Can de Palleiro.

Durante o evento de entrega desta certificación, que garante que a organización cumpre cos estándares internacionais de calidade, José Balseiros e Marisol Díaz trasladaron os seus parabéns e enxalzaron o traballo levado a cabo por esta asociación a prol da conservación e posta en valor da raza autóctona can de palleiro, unha das catro razas caninas da nosa comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/11/2025