Medio Rural avalía vías de colaboración con Proligal para avanzar na mellora do sector olivícola galego

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuniuse hoxe co presidente da Asociación de Produtores de Olivas de Galicia (Proligal), nunha xuntanza na que avaliaron a posibilidade de establecer vías de colaboración para avanzar na mellora do sector olivícola galego.

Proligal forma parte dun grupo operativo cuxo proxecto analiza as diferentes plantacións existentes para identificar as variedades e sistemas de produción máis axeitados, co fin último de modernizar este eido e aumentar a competitividade da produción e mellorar a posición destes agricultores na cadea alimentaria. Alemparte sinalou que a oliveira é un cultivo emerxente na nosa comunidade que implica un importante beneficio na diversificación de plantacións e a dinamización do territorio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/11/2025