Medio Rural e o Concello de Xunqueira de Espadanedo avalían vías de cooperación para favorecer o desenvolvemento do sector gandeiro
2025-11-18
/documents/35297/1922020/20251118_conse_alcalde_Xunqueira_Espadanedo.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 18 de novembro de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Xunqueira de Espadanedo, Pablo Graña, para avaliar vías de cooperación que favorezan o desenvolvemento do sector gandeiro nesta localidade ourensá.
Na xuntanza analizáronse as posibilidades de levar a cabo diferentes proxectos na zona e tamén se abordou a celebración da II Mostra de Gando Vacún Equino no concello de cara ao vindeiro ano 2026, dando continuidade a esta feira que tivo lugar por primeira vez o pasado mes de maio.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 18/11/2025