Medio Rural avalía co alcalde de Friol e os veciños interesados os avances na parcelaria de San Xoán de Seoane da Pregación
2025-11-19
/documents/35297/1922023/20251119_PazRguez_Friol_parcelaria.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 19 de novembro de 2025
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Lugo co alcalde de Friol, José Ángel Santos, e cunha representación de veciños desta localidade lucense. O encontro serviu para informalos sobre a situación actual e as previsións de futuro en relación coa concentración parcelaria de San Xoán de Seoane da Pregación, que abrangue 402 hectáreas e que beneficia un total de 71 propietarios. Este proceso é o único que permanece aberto no municipio lugués e atópase en fase de bases.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 19/11/2025