Medio Rural pon en valor o papel das cooperativas agrarias na modernización do sector primario galego

Santa Comba (A Coruña), 22 de novembro de 2025

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou nunha xornada organizada pola Cooperativa Xallas para dar a coñecer o novo almacén situado en Esmorode e para tratar temas de interese para os gandeiros. O director xeral aproveitou esta xornada para poñer en valor o papel das cooperativas agrarias na modernización do sector primario galego.

Neste sentido, a Consellería do Medio Rural dispón de axudas destinadas ás cooperativas para fomentar o uso de maquinaria agrícola en común coas que se busca a incorporación de novas tecnoloxías, racionalizar os custos de mecanización, mellorar a seguridade laboral, reducir as emisións contaminantes e promover o aforro enerxético. Este ano destináronse 6 millóns de euros a través de dúas convocatorias de axudas nesta materia.

Data de actualización: 22/11/2025