Medio Rural e A Lama avanzan na recuperación de terras e o impulso ás infraestruturas rurais
2025-11-25
/documents/35297/1932208/284A4736.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2025
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta tarde co alcalde da Lama, David Carrera Cal, para reforzar a colaboración entre ambas partes a prol do agro deste municipio. Así, analizáronse diferentes aspectos relacionados coa mobilización e recuperación de terras agrarias, as infraestruturas rurais e a dinamización do tecido económico e social do concello.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 25/11/2025