Medio Rural avalía liñas de colaboración co concello de Silleda para impulsar a transformación, elaboración e comercialización de produtos locais

Santiago de Compostela, 9 decembro

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha xuntanza coa alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, para avaliar posibles liñas de colaboración para desenvolver actividades formativas no municipio, centradas no impulso da transformación, a elaboración e comercialización de produtos locais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/12/2025