A consellería do Medio Rural participará de novo no concurso gastronómico Santiago(é)Tapas
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na rolda de prensa da presentación da XVII edición do concurso gastronómico Santiago(é)Tapas, no que a Consellería do Medio Rural colaborará de novo.
Alemparte sinalou que este certame contribúe de xeito directo a fomentar o consumo de produtos de calidade diferenciada entre o público xeral, xa que os locais de hostalería participantes utilizan estes alimentos nas súas elaboracións. Como novidade nesta edición, existe un premio específico para as tapas preparadas integramente con alimentos amparados por algunha das 36 Denominacións de Orixe ou Indicacións Xeográficas Protexidas; así como polos distintivos de Artesanía Alimentaria ou de agricultura ecolóxica.