A Lama mellora a eficiencia enerxética do edificio do Obradoiro grazas a unha achega da Xunta de máis de 90.000 euros
O delegado territorial destacou a importancia de levar a cabo obras que diminúan os gastos correntes dos concellos, así como o seu impacto ambiental
A subvención permitiu a instalación dunha caldeira de pellets e de un sistema de iluminación eficiente
A Lama, 11 de decembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello da Lama con motivo das obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio do Obradoiro.
Así, o concello contou cunha achega da Xunta de máis de 90.000 euros o que supón o 80% do investimento total e que permitiu realizar dúas actuacións clave. Por un lado, instalouse unha nova estufa de pellets que permitirá quentar toda a superficie deste amplo edificio. Ademais, mellorouse o sistema de iluminación, coa instalacións de novas luminarias led e un sistema intelixente que permite un importante aforro enerxético.
O delegado territorial aproveitou a visita para lembrar a importancia de apostar por “edificios máis eficientes enerxéticamente, non só para diminuír os gastos correntes dos concellos, senón tamén para reducir o seu impacto ambiental”.
Cabe destacar que o financiamento desta obra encádrase na Estratexia de cambio climático e enerxía 2050 e no marco do Programa Feder Galicia 2021-2027, que ten como obxectivo contribuír á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e á mitigación dos efectos do cambio climático. Na área territorial de Pontevedra beneficiáronse desta liña de axudas oito concellos por valor de máis de 856.000 euros.